Unha análise do proceso independentista catalán

Este libro de Albert Botran, deputado da CUP no Congreso na pasada lexislatura, reflexiona con seriedade e rigor sobre o proceso independentista catalán que tivo o seu punto álxido en 2017, sobre as súas fortalezas e fraquezas, sobre os seus antecedentes, mais tamén sobre as perspectivas de futuro, a partir dunha visión esperanzada, de convicción de que o futuro dos Països Cataláns será de liberdade.

Mais tamén sobre a importancia da soberanía dos pobos como elemento democratizador e como ferramenta para enfrentar os desafíos do futuro nun mundo en crise, para confrontar as crises provocadas pola voracidade do sistema capitalista e fenómenos conexos como o auxe do autoritarismo e da extrema dereita e a reconfiguración das relacións internacionais.

Estamos diante de unha análise feita desde unha posición inequivocamente de esquerda e con perspectiva de futuro.

Prezo: 15 €.

tempogaliza
editora@tempogaliza.gal
Sen comentarios

Escribe un comentario