Nacemos para publicar o que outras editoras non publican e para contribuír, modestamente, para a difusión de propostas que visan construír un outro mundo e unha outra Galiza posíbel. Sabemos que non é fácil, mais tamén somos conscientes de que hoxe a batalla das ideas é fundamental para mudar a realidade. Ti podes axudar a facelo posíbel integrando a Comunidade Tempo Galiza. Inscribirte no Clube só ten vantaxes.
Ao abeiro do previsto no artigo 10 da Lei do libro, poderás desfrutar dun desconto de 20% nas novidades de Tempo Galiza Editora en fase de pre-publicación e recibilas antes dechegaren ás librarías.
Aliás, poderás beneficiar dun desconto de 5% en todos os libros do noso catálogo.
Quince días antes do lanzamento dun novo título recibirás un mail con todos os detalles do libro, que poderás adquirir con desconto de 20% sobre o prezo de venda ao público e sen gastos de envío.
e quixeres o libro, só terás que clicar no SI, QUERO COMPRAR ESTE LIBRO no formulario que recibirás no mail. Se o libro non che interesar, chega con non responder o correo electrónico. Por tanto, nunca che será enviado ningún libro que non desexares.
Nun prazo máximo de dúas semanas após a comunicación recibirás no teu domicilio o libro adquirido. O pedido será cobrado directamente na túa conta bancaria.
Poderás pedir por mail ou desde a túa conta na web calquera outro libro do catálogo con 5% de desconto.