Nas próximas quinta (5) e sexta feira (6) decorrerán en Compostela e Vigo presentacións do libro de Albert Botran ‘Independencia é revolución. A soberanía nun mundo en crise’. Os actos están organizados pola Fundación Galiza Sempre e a editora e contarán coa presenza do autor e do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, prologuista da obra.
A primeira das presentacións terá lugar no Espazo Enocultural VIDE, VIDE de Compostela, o día 5 ás 8 da tarde. A segunda, na libraría Cartabón de Vigo, o día 6 tamén ás 20 horas.
Por outra parte, o ex-deputado da CUP participará no sábado (7) na Jornada de Estudo organizada en Pontevedra polo colectivo Clara Corbelhe, en que disertará xunto com Antom Santos sobre “As teses autodeterministas e os limites do político no Estado espanhol”, asunto que aborda na obra. A Jornada decorrerá no Pazo da Cultura da cidade do Lérez.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordo
Sen comentarios