15 Feb Guía para empregar con corrección as expresións galegas
‘Con pés de la’, de María Vieiro quere ser unha pequeña guía ilustrada para empregarmos con corrección a fraseoloxía galega, libre de interferencias.
As expresións idiomáticas reflicten a riqueza dunha lingua ao transmitiren referencias culturais, históricas, lendarias…, a forma de ver o mundo ou a relación co medio de determinado pobo.
A fraseoloxía galega é especialmente rica, mais na actualidade áchaseinterferida polo español e deturpada pola introdución de expresións castelás de forma directa ou por medio de calcos. De aí a utilidade dunha publicación que achegue unha orientación no uso correcto dos nosos modismos, aos que sumamos algúns dos utilizados na outra beira do Miño.
O obxectivo é divulgar algunhas das expresións de uso cotián utilizando as imaxes para fixar de modo máis fácil a expresión correcta.
Sen comentarios