Tempo Galiza e REPÚBLICA|GAL colaboran para publicar textos marxistas e soberanistas

A editora Tempo Galiza e o colectivo REPÚBLICA|GAL, impulsor da revista teórica Lume Vivo, iniciamos unha colaboración para a publicación de textos marxistas e soberanistas. O obxectivo é disponibilizar ferramentas teóricas que poidan contribuír para mellor comprender o contexto nacional e internacional e para transformar a nosa realidade.

Os textos, de preferencia breves, irán encadrados na colección Lume Vivo. O primeiro título publicado será Marxismo para armar a crítica galega, de Maurício Castro. En perspectiva están outras obras como Imperialismo, unha aproximación crítica, de Daniel Sussman ou Pós-verdade, plus- mentira, de Fernando Buen Abad.

No conxunto, pretendemos mobilizar unha serie de textos e voces que puideren ser de utilidade para orientar o quefacer político e militante no presente do noso País e nun mundo a cada vez máis complexo.

tempogaliza
editora@tempogaliza.gal
No Comments

Post A Comment