A editora Tempo Galiza nace para publicar o que outras editoras non publican e para contribuír, modestamente, para a difusión de propostas que visan construír un outro mundo e unha outra Galiza posíbel. Sabemos que non é fácil, mais tamén somos conscientes de que hoxe a batalla das ideas é fundamental para mudar a realidade. Os lectores e as lectoras poden axudar a facelo posíbel. Se quixeres contribuír para este proxecto, podes facelo inscribíndote no Clube Tempo Galiza.
Que vantaxes implica?
As persoas socias do Clube poderán desfrutar dun desconto de 20% nas novidades de Tempo Galiza Editora en fase de pre-publicación e recibir os libros antes de que chegue ás librarías. Aliás, poderán beneficiar dun desconto de 5% en todos os libros do noso catálogo. Non se paga nada por ser socio do clube, só polo que se compra e sempre con desconto. Non hai compromiso de permanencia: as persoas interesaada poden unirse e darse de baixa cando quixeren.
Como funciona?
Quince días antes do lanzamento dun novo título as persoas socias recibirán un mail con todos os detalles do libro, que poderán adquirir con desconto de 20% sobre o prezo de venda ao público e sen gastos de envío.
Se quixeren adquirir o libro, só terán que clicar no botón SI, QUERO COMPRAR ESTE LIBRO que figura no email recibido. Se o libro non interesar, non é preciso facer nada, chega con non responder o correo electrónico. Por tanto, nunca será enviado ningún libro que non se desexar.
Nun prazo máximo de dúas semanas após a comunicación as persoas socias que o solicitaren recibirán no seu domicilio o libro adquirido. O pedido será cobrado directamente na súa conta bancaria.
As socias poderán tamén pedir por mail ou desde a súa conta na web calquera outro libro do catálogo con 5% de desconto.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.
Sen comentarios