Preséntase en Compostela a 2ª edición de “Problemática nacional…”

Na quinta feira, día 22, e organizada pola Agrupación Cultural O GALO, decorrerá en Compostela unha Mesa-debate sobre a vixencia de Problemática nacional e colonialismo. O caso galego. No acto, moderado pola presidenta do Galo, María Antonia Pérez, participarán os dous autores, Francisco Rodríguez e Ramom L. Suevos, e servirá de lanzamento da 2ª edición da obra. Será no VIDE VIDE (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10), ás 8 da tarde.

tempogaliza
editora@tempogaliza.gal
Sen comentarios

Escribe un comentario