15,00 € IVE incluído
ISBN 978-84-125939-5-2
Pensar e practicar o marxismo, de Iñaki Gil de San Vicente, foi publicado por primeira vez en Euskadi en 2014. Tempo Galiza disponibiliza agora a edición galega desta obra.
O libro presenta catro percorridos históricos e críticos a través dos medios de produción, as loitas populares e as ideoloxías como fíos condutores. Cada un deles responden a propostas expositivas diferentes, mais todos eles complementarios e necesarios.
Só a dialéctica materialista pode axudar a aproximarnos e comprender con solvencia a natureza complexa e dinámica da realidade, en que conflitos e contradicións internas son os auténticos motores do desenvolvemento da historia humana. Sirva de proba todos os casos de estudo abordados, mesmo algúns dos cales –sempre desde a obrigada concisión– son analizados desde ángulos diferentes.
O fundamento deste traballo está orientado a enfatizar a importancia do estudo e debate da militancia no seo dos colectivos que loitan, para desvendar en cada situación concreta e momento concreto, o movemento interno que a aparencia parece querer ocultar.
Esta é, de feito, a única forma de xerminar a irrenunciábel unidade entre mente e man –simbiose da teoría e práctica–, verdadeiras artífices e xeradoras do marxismo como única teoría matriz e praxeoloxía revolucionaria. Trátase dun texto para ler de corrido a través dos itinerarios propostos, ou por partes como referencia de consulta; para ler áxil e ás veces –necesariamente– ben devagar prestando atención aos conceptos máis ricos e complexos. Unha obra, con certeza, para volver unha e outra vez a ela.
Dez anos após a publicación inicial, o autor considerou pertinente escribir un texto específico para esta edición galega que actualizase algunhas análises e referencias e que foi incluído no final deste libro co rótulo de Epílogo necesario. Temos a certeza de que axudará a unha mellor comprensión do conxunto.
Aliás, disponibilizamos tamén unha separata, Guía de praxe marxista, de 72 páxinas, que é posíbel descargar en formato PDF co código QR que figura no final do libro.
Esgotado
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.