19,00 € IVE incluído
ISBN 978-84-125939-9-0
Incorporamos un novo título ao noso catálogo. Trátase do “fotopoemario” Baobab, de Moncho Iglesias Míguez. Un fermoso volume que combina poesia con 85 fotografías do autor.
“Baobab é un paseo por África, nunha lectura das fronteiras que navegan as augas de ríos, lagos, mares e oasis, e o visionamento dunha historia contada en ladaíñas de silencios e berros. É un mapa debuxado con pasaportes que buscan visados cos que espertar de travesías deseñadas coas físgoas dos calzados que aínda non tiveron pé e, así a todo, xa confesan colleitas de insultos e adubos. A árbore que acubilla soles e chuvias cos que alimentar o futuro de moitos devanceiros non deixa de ser un ruxido e unha caricia ás meixelas que agochan sentimentos, quer dominantes quer dominados. E nese verxel arco iris que axexa os arrolos das tormentas que guían cara a outros paraísos, outras fames e outros dominios, tropezan palabras e fotografías. Por iso, as imaxes feitas palabras e viceversa evocan un continente que exacula cores, á vez que viste de loito calcañares e calcañares e calcañares esquecidos nas pegadas que deixan as ladaíñas da vida”.
20 dispoñibles
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.