Comunidade Tempo Galiza

Nacemos para publicar o que outras editoras non publican e para contribuír, modestamente, para a difusión de propostas que visan construír un outro mundo e unha outra Galiza posíbel. Sabemos que non é fácil, mais tamén somos conscientes de que hoxe a batalla das ideas é fundamental para mudar a realidade. Ti podes axudar a facelo posíbel integrando a Comunidade Tempo Galiza. Inscribirte no Clube só ten vantaxes.

Que vantaxes terás?

Ao abeiro do previsto no artigo 10 da Lei do libro, poderás desfrutar dun desconto de 20% nas novidades de Tempo Galiza Editora en fase de pre-publicación e recibilas antes dechegaren ás librarías.
Aliás, poderás beneficiar dun desconto de 5% en todos os libros do noso catálogo. 

Hai que pagar algo?

Non, non pagas nada por ser socio do clube. Só pagas polo que compras e sempre con desconto.
Non hai compromiso de permanencia; podes unirte e darte de baixa cando quixeres.
 

Como funciona?

Quince días antes do lanzamento dun novo título recibirás un mail con todos os detalles do libro, que poderás adquirir con desconto de 20% sobre o prezo de venda ao público e sen gastos de envío.
e quixeres o libro, só terás que clicar no SI, QUERO COMPRAR ESTE LIBRO no formulario que recibirás no mail. Se o libro non che interesar, chega con non responder o correo electrónico. Por tanto, nunca che será enviado ningún libro que non desexares.
Nun prazo máximo de dúas semanas após a comunicación recibirás no teu domicilio o libro adquirido. O pedido será cobrado directamente na túa conta bancaria.
Poderás pedir por mail ou desde a túa conta na web calquera outro libro do catálogo con 5% de desconto.

Libros para un tempo novo na Galiza”